Este sitio web usa cookies. Ver política de cookies en galego - en español.
Política de cookies +
 

Gerald Fantone
Impulsor de Made by Mavericks, programa de formación profesional barista para persoas con discapacidade intelectual na cidade de Toronto (Canadá)
En 2015

"G&A Comunicación foi fundamental á hora de crear e estreitar a relación entre o noso programa Made by Mavericks no Canadá e a empresa cafeteira española Cafento. O seu equipo achegou os mellores servizos de comunicación, promovendo o noso proxecto en España e contribuíndo a que a nosa primeira visita ao Campionato Barista Down de Galicia fora un enorme éxito".

 

Mariana Romero, Juan Cortés e a cadela, Ira
Integrantes do proxecto A Trip With Ira, para a divulgación do voluntariado. Foron o proxecto apoiado como Causa de Interese Público por G&A Comunicación en 2014
En 2015

"A axuda que nos brindou G&A Comunicación foi inmensa. O proxecto que levabamos a cabo non tería sido posíbel sen a axuda delas! De forma totalmente desinteresada e altruísta, encargáronse de expandilo por diversos medios de comunicación, dándoo a coñecer por unha gran cantidade de puntos da xeografia española. Moito é o que debemos a esta parella de comunicadoras".

 

Isidoro Valerio
Condutor do programa Voces de Galicia, de Radio Voz
En 2015

“Como condutor dun programa de radio que xa contou, en ducias de ocasións, coa colaboración de G&A Comunicación, podo dicir que teñen sido un apoio valioso, tanto á hora de contar coa persoa adecuada para abordar un tema determinado como á hora de definir contidos de interese para a sociedade”.

 

Belén Baños
Reporteira, redactora, presentadora e editora da Televisión de Galicia
En 2014

"Acabo de achegarme ao traballo de G&A Comunicación. Déronnos a posibilidade de coñecer un proxecto no que un par de mozos percorreron Europa achegándose ás necesidades e logros do voluntariado. Deste xeito puidemos, á nosa vez, darllo a coñer ás galegas e galegos na televisión pùblica do país. Interesante xeito de contactar, nuns momentos nos que urxe tanto falar do global e do cercano, de solidariedade e de altruísmo, tanto nos medios de comunicación, coma nas sociedades, virtuais e físicas, actuais".

 

Sarah Allen
Directora de Barista Magazine (Oregón - EUA)
En 2013

"Para cubrir un tema de grande relevancia que recollemos recentemente na Barista Magazine, acudín a G&A Comunicación na procura de citas, información contextual e traballo fotográfico. Foron unha axuda constante, traballando sempre de bo grao para atender as miñas urxencias, e contribuindo a que o artigo resultante tivese a elevada calidade que eu desexaba. Recomendo encarecidamente o seu traballo".

 

Tiago Lemos
Director de Marketing de Cafento até 2015
En 2012

"Con G&A Comunicación construímos unha relación de grande confianza, partillando proxectos, abrindo novos retos e obtendo resultados moi satisfactorios. En Cafento son un máis na equipa!".

 
 
 
info@gacomunicacion.eu - Telf. 635 350 386